Funcionalidades · Panel de xestión

Un panel para xestionalo todo

Prezos, calendario, reservas de todas as canles, incidencias e o aforro fronte ás comisións — nun só panel, desde o navegador.

Todo o teu apartamento, dun vistazo

Noites ocupadas, próxima chegada, incidencias abertas e o aforro do mes en euros. O panel cóntache como vai o negocio sen follas de cálculo nin chamadas.

  • Ocupación e reservas en vivo, de todas as canles
  • Aforro fronte ás comisións, calculado en euros
  • Incidencias e mensaxes co estudio no mesmo sitio

Ti mandas nos prezos

Cambias os prezos por noite desde o panel e sincronízanse coas canles. E cando seleccionas unhas datas, o panel suxíreche un prezo baseado no teu propio historial e nos festivos — sempre editable, sempre decides ti.

  • Edición de prezos por noite e por rango de datas
  • Prezo recomendado con festivos galegos e estatais
  • Código de entrada automático para cada reserva

Vista previa do sistema

Unha web elegante, un panel sinxelo

Cada web de apartamento vén cun panel de xestión propio: abres o navegador e está todo — sen follas de cálculo nin chamadas.

  • Prezos e calendario nun só sitio
  • Reservas de todas as canles, en vivo
  • Incidencias e mensaxes co estudio
  • Aforro fronte ás comisións, en euros

Sincronizado conBooking.comAirbnbGoogle

Cóntanos o teu apartamento

Preguntas frecuentes

O que nos preguntan

Necesito instalar algo?

Non: o panel ábrese no navegador, no móbil ou no ordenador, co teu usuario. Sen aplicacións que actualizar.

É difícil de usar?

Está feito para propietarios, non para técnicos: entras e ves a ocupación, as próximas chegadas e o que hai pendente. Entrégase todo configurado e listo para usar.

Que inclúe a mensualidade?

Actualizacións, copias de seguridade, soporte e o panel en funcionamento. Depende do plan: de 30€ a 50€ ao mes desde o primeiro mes; o plan Esencial leva ademais un 5% por reserva directa, e os outros dous non teñen comisión ningunha.

Seguir explorando

O seguinte paso

Menos xestión, máis ocupación