Servizos · Apartamentos turísticos

Webs con reserva directa para apartamentos turísticos

Reserva directa, calendario sincronizado con Booking.com, Airbnb e Google, cobro directo ao hóspede e un panel para todo. No teu dominio.

Prezos

Págase unha vez. E ao mes, case nada.

Varias unidades

Xestoras e propietarios con varios apartamentos

Unha soa web para todo o teu catálogo, cada unidade co seu calendario e o seu cobro directo. Panel único para xestionalas todas.

desde 15.000€

+ mensualidade por unidade

Completa

Absolutamente todo.

9.500€

pago único

+ 50€/mesSen comisión por reserva

  • Todo o de Estudio, máis:
  • Bot de atención ao hóspede 24/7
  • Emails automáticos ao hóspede: benvida, chegada e despedida
  • SEO Premium: traballo activo de ocupación todo o ano
  • Sesión completa de foto e vídeo
  • Copywriting integral da web
  • Deseño novo de marca, se se precisa
  • Soporte prioritario
Recomendado

Estudio

O que escollen case todos.

6.500€

pago único

+ 40€/mesSen comisión por reserva

  • Todo o de Esencial, máis:
  • Dominio propio incluído
  • Correo personalizado co teu dominio
  • Fotografía profesional do apartamento
  • SEO local e blog para saír en Google
  • Panel de xestión en vivo: prezos, reservas e incidencias
  • Animacións e microinteraccións premium
  • Código de entrada automático para cada reserva
  • Informe mensual de ocupación

Esencial

O esencial, ben feito.

3.500€

pago único

+ 30€/mes5% por reserva directa

  • Web a medida
  • Reserva directa e calendario sincronizado (Booking.com, Airbnb, Google)
  • Cobro directo ao hóspede
  • Cos teus textos e fotos
  • Posta en marcha completa

A mensualidade cobre mantemento, copias de seguridade, soporte e o panel — de 30€ a 50€/mes segundo o plan, desde o primeiro mes.

Como se paga: 50% para empezar, 50% á entrega. IVE aparte.

A conta, cos teus números

Canto che está custando Booking?

O teu plan

40€/mes · sen comisión

Facturando 16.200 € ao ano nesas noites:

Por Booking (≈18%*)2916 €
Coa túa web (plan Estudio)480 €

Aforro cada ano

2436 €

O pago único da web recupérase co aforro — e a web, o dominio e os hóspedes quedan sendo teus.

*15% de comisión estándar de Booking.com máis o IVE sobre a comisión. Nos programas preferentes, máis. Cálculo orientativo sobre as noites que hoxe entran por Booking.

Proceso

Como funciona

Condicións

Tres cousas que che dicimos antes de que preguntes

  • 01

    Somos caros comparados cunha plantilla

    Unha web de plantilla cústache pouco máis de 10€ ao mes e móntala ti. Se o prezo é o único criterio, esa é a túa opción — e dicímoscho en serio, sen retranca.

  • 02

    Non facemos mantemento de webs que non fixemos nós

    Só sostemos o que construímos, porque é o único que podemos garantir. Se xa tes web e non a fixemos nós, o que che ofrecemos é refacela, non parchear.

  • 03

    Necesitamos dúas horas túas nas primeiras semanas

    Hai un paso que non podemos dar por ti: conectar a túa conta de cobro para que o hóspede te pague directamente. Sen iso, a reserva directa non chega a funcionar. Dúas horas túas, e non volvemos molestar.

Garantía

Que pasa se algo falla

  • Falas sempre coa mesma persoa: quen deseña e programa a túa web. Non hai centraliña.
  • Antes de empezar recibes un calendario con fitos e un prezo pechado por escrito.
  • Se algo deixa de funcionar por culpa nosa, arránxase sen custo e sen discutir.
  • A web, o dominio e os textos son teus. Se algún día marchas, lévalos contigo.
  • Resposta en menos de 24 h en días laborables.

Preguntas frecuentes

O que nos preguntan

Non é caro?

Compárao co que xa pagas: ata un 18% de cada reserva por Booking, cada ano. A web págase unha vez, e é túa. Na primeira conversa facémosche as contas cos teus números.

Que pasa coas miñas reservas de Booking.com e Airbnb?

Seguen igual. O calendario sincronízase con Booking.com, Airbnb e Google — nunca hai dobre reserva. A túa web é unha canle máis, sen comisión.

Como cobro as reservas directas?

O hóspede paga na túa web e o diñeiro chega directo á túa conta, coa túa propia pasarela de pagamento. Laxe Studio nunca toca o diñeiro das túas reservas.

Que inclúe a mensualidade?

Actualizacións, copias de seguridade, soporte e o panel de xestión en funcionamento. Depende do plan: de 30€ a 50€ ao mes desde o primeiro mes; o plan Esencial leva ademais un 5% por reserva directa, e os outros dous non teñen comisión ningunha.

Canto tempo leva ter a web en marcha?

Depende do plan e do material co que contes (fotos, textos). Antes de empezar dámosche unha data pechada de entrega e cumprímola.

O seguinte paso

Falamos do teu apartamento?