Servizos · Tendas online
Tendas en Shopify deseñadas para vender
Do catálogo ao paso de compra, en Shopify. Só deseño, sen mantemento mensual: a tenda queda nas túas mans.
O servizo
Que inclúe
- 01
A tenda completa
Portada, catálogo, ficha de produto e paso de compra, coidados un a un.
- 02
Identidade aplicada
A túa tipografía, a túa cor e o teu ton en cada pantalla. Nada de plantillas.
- 03
Entrega completa
Tema configurado, produtos de mostra e a tenda lista para xestionala ti.
Prezo
Por presuposto
segundo o proxecto
Cada tenda é distinta. Cóntanos que vendes e devolvémosche un presuposto pechado.
Preguntas frecuentes
O que nos preguntan
Por que Shopify?
Porque é a plataforma máis sólida para vender online: pagos integrados, seguridade ao día e un panel que calquera aprende a manexar. Nós poñemos o deseño; Shopify pon a maquinaria.
Que necesitades para facer o presuposto?
Unha idea do catálogo (cantos produtos e de que tipo), algunha referencia visual que che guste e os prazos que manexas. Con iso devolvémosche un presuposto pechado.
Inclúe mantemento ou xestión da tenda?
Non. Entregámosche a tenda deseñada e configurada, lista para que a xestiones ti: produtos, pedidos e envíos quedan nas túas mans, sen custos mensuais nosos.
Xa teño unha tenda: podedes redeseñala?
Cóntanos o que tes na primeira conversa. Se está en Shopify ou se pode migrar, dicímosche con claridade que faríamos e canto custaría.